Na tarde deste domingo 14 de xaneiro producíase un accidente na N-120 á altura do Barco de Valdeorras, no que se vía implicada unha moto.
Tal como informan dende o GES Valdeorras, que recibía o aviso en torno ás 16:30 horas, tanto a persoa como a moto estaban caídas na vía, sen saber moi ben cal fora o motivo da caída.
Ata o lugar dos feitos tamén se desprazaban a Garda Civil e a Garda Civil de Tráfico, así como unha ambulancia do 061 que trasladaba ao motorista, que estaba consciente, ata o Hospital Público Valdeorras.