ConcellosO BoloÚltima hora

Ferido un motorista nunha saída de vía na OU 533 ao seu paso polo municipio do Bolo

 

Na tarde deste domingo 30 de abril producíase un accidente de tráfico na OU 533 ao seu paso polo municipio do Bolo. En torno ás 17 horas un motorista que circulaba por esta estrada en dirección A Veiga, perdía o control da moto nun punto situado entre Cambela e As Ermitas, chocando contra o quitamedos e resultando ferido.

Ata o lugar do suceso desprazábanse rapidamente os  voluntarios de Protección Civil do Bolo, 061-Urxencias Sanitarias, o GES da Veiga e a Garda Civil de Tráfico.

O ferido era trasladado en ambulancia ata o Hospital Público Valdeorras para recibir asistencia médica.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button