
Na tarde do domingo 6 de agosto producíase un accidente no concello ourensán de Trasmiras no que resultaba ferido un motorista que circulaba pola rúa Emilia Pardo Bazán, segundo indican dende o 112 Galicia que recibían o aviso dos profesionais sanitarios.
Ele mesmos comunicaban a “mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar dos feitos para atender ao motorista, ferido de consideración ao saírse da vía e chocar contra un muro cando circulaba pola parroquia de Escornabois”.
Para prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 pasaban aviso aos Bombeiros de Xinzo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Finalmente, o ferido era evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.



