
Un motorista era trasladado ao Hospital Universitario de Ourense esta tarde de 8 de agosto despois de sufrir unha saída de vía na parroquia de Lampaza, en Rairiz de Veiga. Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro tiña lugar contra as 15:45 horas á altura do quilómetro 16 da OU-531. “Un dos particulares que chamou ao 112 Galicia sinalou que o accidentado presentaba lesións nunha perna”, indica o 112 Galicia, que de inmediato activaba un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que chegou a mobilizar o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense, e a Garda Civil de Tráfico.
Finalmente, o ferido era evacuado ao complexo hospitalario ourensán.