Pouco despois das once da mañá deste domingo 1 de setembro, un motorista tiña que ser trasladado ao hospital con pronóstico reservado tras sufrir unha caída na estrada do Castadón, no Pereiro de Aguiar.
Segundo a información recibida no 112 Galicia polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa estaban enviando unha dotación, “o motorista presentaba un baixo nivel de consciencia”. Ademais e, debido a que ía sen casco, foi evacuado con pronóstico reservado”, aseguraron os integrantes do GES do Pereiro de Aguiar, que acudiron ao lugar do accidente tras recibir o aviso do 112.
Tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico tiñan en marcha unha patrulla, porque xa foran informados do accidente.