ConcellosO BarcoÚltima hora

Ferido un motorista tras unha saída de vía na estrada de Santigoso, no Barco

 

Na tarde deste domingo 10 de decembro producíase un accidente de tráfico no concello do Barco de Valdeorras, no que se vía implicada unha moto.

Os feitos ocorrían pasadas as 17:15 horas cando unha persoa perdía o control da moto que conducía pola estrada de Santigoso, cerca de Viloira, saíndose da vía. O motorista, único ocupante do vehículo, resultaba ferido sendo trasladado en ambulancia ao Hospital Público Valdeorras.

Ademais dos servizos sanitarios do 061, ata o lugar desprazábase o GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e a Garda Civil de Tráfico.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button