A RúaConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

Fermosas alfombras florais para celebrar o Corpus Christi na Rúa Vella

 

Tamén a veciñanza da Rúa Vella se volcaba e esforzaba para preparar unhas fermosas alfombras no marco da celebración do Corpus Christi neste domingo 11 de xuño. Na realización destes coloristas e elaborados tapices usaban 1.000 quilos de sal e tres tractores de tulla picada, entre outros elementos como garavanzos, lentellas ou mesmo restos de lousa.

 

 

O seu resultado pode verse nas rúas da Rúa Vella, pero tamén no interior da igrexa parroquial de Santo Estevo, xa que, antes as previsións meteorolóxicas, a veciñanza decidía realizar algunhas alfombras no interior do templo para evitar que se deterioran coa chuvia. Destacan especialmente alfombras como a que reproduce con detalle a imaxe da igrexa, coas cores vermellas da súa roche e nas que a cuberta está realizada con anaquiños de lousa.

 

 

Ademais tamén se prepararon dous altares nas que se deterá a procesión de Corpus Christi: un deles está situado na praza César Conti e o outro fronte ao templo, na parte de abaixo.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button