
A Asociación Sabugueiro da Rúa Vella volve convidar á poboación a celebrar a Noite de San Xoán cin fogueira e unha gran cea no campo de San Roque.
Será o domingo 23 de xuño a partir das 21:30 horas cun menú que inclúe entremeses ibéricos, paella, postre, viño, café e chupitos (22 euros). Tamén haberá menú infantil (12 anos máximo) e 15 euros.
As entradas está á venda en O Colmado, Peluquería Esencia, Xardinalia, A Cervecería e Escondite Inglés.