Un grupo de 15 persoas, veraneantes con orixe en Manzaneda así como de concellos da contorna (entre eles un invidente que en todo momento foi axudado polos seus compañeiros), achegábanse na xornada do mércores 7 de agosto ao “Paseo de Solpor do Verán de Manzaneda”, organizado polo Concello, cun total de 8 km ida e 8km volta nos que contemplar valores deste territorio.
Retrasando a saída ás 20:30h. dende a Porta da Vila, os camiñantes dirixíronse cara o Monumento Natural Souto de Rozavales co maxestuso e milenario Castiñeiro de Pumbariños. Logo dunha breve explicación das características do castiñeiro senlleiro, atravesaron o souto no que unhas crianzas pícaras estaban a recoller a res, para dirixirse pola ruta dos curros ata o Curro Chaira das Lamas. “O frescor e o sosiego que emana o contacto coa nosa serra, fan case impercetible o ascenso de 600m en menos de 6 km”, aseguran.
A cea grupal ao pé do curro xunto coas conversas sobre o citado sistema de manexo silvopastoril, centraron o espazo de descanso para subir finalmente os escasos 200m. ata coroar ao alto da Escrita, contemplando ao carón do bambán de Manzaneda a maravilla do ceo estrelado.
Entre os asistentes identificaron estrelas e constelacións, reflexionando sobre o feiro de que “2as veces non se precisan grandes infraestruturas “planetarias” cando o valor da nosa serra sen contaminación lumínica permite que gocemos do ceo estrelado e da maravilla dos sons nocturnos”.
A próxima cita ao respecto será o vindeiro luns ás 23h. cando “percorreremos a nosa vila medieval e previo apagado das luces da vila e contorna para ver as bágoas de San Lourenzo dende o pé da Torre”.
Fotos cedidas.