Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Fernando Arca participará mañá no Gran Premio de Montaña A Rúa

A proba, organizada polo Club Atletismo Rúa, conta con máis de 140 inscritos e solidarízase co problema de Irosa e Samaca

O corredor Fernando Arca do CD Xesteiras./ Foto cedida.

 

Mañá, domingo 1 de outubro a partir das 9 horas arrancará en Fontei (A Rúa) a VII edición do Gran Premio de Montaña da Rúa “un dos mellores trail/ carreira de montaña de Galicia”, din dende a organización, adiantando que contan xa con 141 inscritos e unha sorpresa de última hora, “o mítico corredor de carreiras de montaña, Fernando Arca do CD Xesteiras”, di o presidente do Club Atletismo Rúa. El mesmo destaca que tamén se solidarizan co problema que teñen Irosa e Samaca “cunha pancarta na saída”.

Trátase dunha proba da Copa Xunta de Galicia da FGM e da Liga de Ourense Trail, puntuable tamén para a UmTb e contará con tres modalidades: trail cun percorrido de 24 km e +2000m de desnivel aproximadamente por sendeiros, viñas, caminos de carros, entre castiñeiros e miradores das zonas de Vilela, Puente Pérez, San Xulián, a antigua canteira, o Barranco Rubio, Muro, a Fraga del Lobo, Fontei ou a Carrua Fonda; andaina de 17 km e +900 de desnivel; e mini trail de 16 km e +1100 metros de desnivel.

Artigos relacionados

Back to top button