PolíticaÚltima hora

Fernando Fernández preséntase de novo como candidato socialista á alcaldía da Veiga

O actual voceiro socialista no concello encabezará a lista do PSdeG neste municipio por cuarta vez consecutiva
O candidato socialista á alcaldía da Veiga, Fernando Fernández.

A agrupación municipal socialista da Veiga vén de elixir a Fernando Fernández Yáñez como o seu candidata á alcaldía neste concello para as vindeiras eleccións municipais. O actual voceiro socialista na Corporación veiguesa encabezará a lista por cuartos comicios consecutivos e aporta a experiencia de ter sido alcalde de A Veiga durante 2 anos, entre 2007 e 2009.

Para Fernando Fernández A Veiga ten importantes problemas “coma é o abandono do rural, da terra e as poucas posibilidades de emprego que hai no municipio, xa que a maior empresa é o Concello a través das brigadas contra os lumes ou coa axuda no fogar, algo que debemos cambiar para fixar novas empresas que aposten por dar traballo os poucos mozos que quedan no concello. Debemos apostar pola xeración de emprego de calidade que faga que a xente non emigre”.

Ademais resalta que “queixámonos reiteradamente do problema da sanidade. Tiñamos dous médicos, quedamos con un e temos un serio problema coas gardas médicas, xa que compartimos médico con O Bolo, así que moitas veces a nosa xente ten que desprazarse máis de 40 km para poder ser atendido. Nós pedimos que haxa un médico permanentemente na Veiga e non compartido, xa que moita xente escapa da montaña para Valdeorras porque pensa que está máis preto en caso de urxencia”.

O candidato socialista reivindica a importanciad a axuda no fogar e apunta que “non todo é gastar cartos en obras e reformas, hai que apostar por inversións que repercutan directamente na vila e na veciñanza e non en proxectos que non van a ter futuro. Os exemplos do campo de fútbol praia ou do observatorio son realidades de malgasto de fondos públicos, que ven se podían destinar a outros menestreis, coma a construción dun centro de día con máis capacidade, xa que o que levaron a cabo na actualidade, non vai dar servizo a máis dunha dez persoas, cando somos un pobo moi envellecido e cunha media de idade que roza os 70 anos. Hai que apostar tamén polo turismo para atraer xente e xerar riqueza, xa que temos o territorio máis bonito e extenso de Ourense, pero non acadamos de conseguir recursos con elo”.

Artigos relacionados

Back to top button