CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Festa da Istoria de Ribadavia quenta motores

Con obradoiros de coiro e madeira e unha exposición de cadros e fotografía

Pensando na celebración que verá lugar os días 26 e 27 de agosto, un ano máis a Fundación da Festa da Istoria ten programados diferentes obradoiros relacionados cos oficios artesanais. O primeiro será de coiro, desenvolverase do 13 ao 23 de xuño na oficina da MIT na praza Maior de Ribadavia en horario de 20 a 22 horas, e nel os asistentes aprenderán a facer sandalias e polainas. O segundo obradoiro será de talla de madeira, celebrarase do 27 de xuño ao 8 de xullo na antiga igrexa da Madalena e nel os participantes poderán tallar o que máis lles guste. Os dous obradoiros (cun máximo de 15 asistentes) son gratuítos e para inscribirse deberán enviar un correo electrónico a obradoiros@fetadaistoria.com.

Ademais, a Fundación ten preparada unha exposición en colaboración co Museo Etnolóxico de Ribadavia na que poderán verse cadros dos concursos de Pintura Rápida da Festa da Istoira, as fotografías gañadoras do Concurso de Fotografía da Festa da Istoria de 2015, e tamén unha colección de fotografías de todas as festas que forma parte da Asociación de Recreación e Festas Históricas de España. A inauguración da exposición será o xoves 23 de xuño ás 20 horas na Madalena e estará aberta ata o 10 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button