A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Festa de final de tempada con premio para o Rúa Valdeorras Futsal

 

Xa antes de disputar a final o Rúa Valdeorras Futsal convocaba a toda a afección a celebrar co equipo o final da tempada cunha festa con música e comida no pavillón municipal rues, e na noite do sábado 3 de xuño festexaban por todo o alto, non só o final dunha campaña perfecta, senón a consecución da segunda Copa Deputación.

 

Parada na praza do Concello.

 

O equipo valdeorrés gañaba por méritos propios a XLII Copa Deputación de Ourense de Fútbol Sala Feminino (vencía 4-1 ao Cartelle FSF) e tamén a de campión del liga, coas que chegaban a casa en torno ás once da noite. A primeira parada era a rotonda de acceso á Rúa e deseguido subíanse no tren turístico para percorrer a vila precedidas por Protección Civil, con parada tamén na praza do Concello antes de continua rumbo ao pavillón onde disputan os seus partidos como locais, para compartir coa afección, familiares, amigos e demais, os logros conseguidos este ano.

Agora é tempo de descanso antes e afrontar unha nova tempada na categoría preferente. Noraboa rapazas.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button