Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Festa de Reis en Castro Caldelas ao ritmo da música tradicional

Con esta visita dos Magos de Oriente concluía o programa de Nadal nesta vila

A primeira hora da tarde do 5 de xaneiro comezaba en Castro Caldelas unha festa de Reis con animación e talleres na praza da vila coa presenza de multitude de nenos e maiores. Era a antesala da visita dos Reis que chegaban en torno ás seis. Non faltaba a música tradicional dos Trabazos.

Ademais de saudar aos máis pequenos e escoitalos, as súas Maxestades de Oriente, que saian dende o Concello, tamén visitaban a Residencia do Maior de Castro Caldelas, acompañados polos seus paxes e polos Trabazos.

Fotos cedidas polo Concello de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button