A RúaConcellosÚltima hora

Festa de San Andrés, sen procesión nin feira en Fontei (A Rúa)

Misa de San Andrés en Fontei (A Rúa)./ Foto cedida.

 

O 30 de novembro, día de San Andrés, sempre foi unha data sinalada para o municipio da Rúa. É unha das festas máis antigas do concello tamén a o día en que se celebraba unha das mellores feiras do gando da comarca. Co tempo, a celebración foise perdendo pero mantense a procesión coa imaxe do Santo e a misa na igrexa de Fontei, así como unha das principais feiras da vila.

Este ano a pandemia tamén impediu esta celebración e na xornada deste 30 de novembro, unicamente se mantiña a misa, sen procesión e sen feira, suspendida dende o Concello pola delicada situación sanitaria pola que atravesa A Rúa con 33 casos activos de Covid-19.

Artigos relacionados

Back to top button