EspeciaisÚltima hora

Festa de San Francisco Blanco en Outarelo (O Barco)

A procesión coa reliquia e imaxe do santo non saíu debido á chuvia
Celebración relixiosa en Outarelo.
Celebración relixiosa en Outarelo.

Despois de celebrarse tres misas, ás 13h. do mércores día 5 de febreiro estaba todo preparado na capela de Outarelo (O Barco), para comezar a procesión coa reliquia (cráneo) e a imaxe de San Francisco Blanco. Porén, minutos antes comezaba a chover con tanta intensidade que finalmente decidían non saír.

O que si se celebrou foi a misa maior no interior da capela, na que se congregaron os devotos do santo que ata alí se desprazaron. Presidindo a celebración, a reliquia de San Francisco (mártir nado en Tameirón, A Gudiña e crucificado en Xapón), que os fieis bicaron ao rematar a misa. Tamén houbo quen lle pasou figuras de cera en forma de cabeza, por algo San Francisco Blanco está considerado como avogado dos males da cabeza.

Malia a chuvia e o vento, o posto coas rosquillas e o pan no faltaron en Outarelo. Tampouco o polbo e o viño que compartiron os amigos que cada ano celebran xuntos esta festa religiosa.

Texto e foto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button