A cita gastronómica organizada polo Concello, celébrase mañá sábado 31 de xaneiro ás 14:30h. no pavillón
Mañá, sábado 31 de xaneiro a partires das 14:30h. o pavillón polideportivo da Rúa acollerá unha nova edición da Festa do “Codillo”. Coma sempre por 15 euros que custa a entrada, os asistentes poderán degustar un menú a base de consomé, cotarelo de porco, chourizo, patacas, grelos. De postre bica. E para beber, viño e auga, café e licores.
No marco desta celebración, dúas horas antes, no salón de plenos do Concello procederase á entrega dunha placa ao director da Uned Ourense, Jesús de Juana, para conmemorar o 25ª aniversario da Aula da Uned Valdeorras na Rúa.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.