CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Festa “Fin de Codillo” no Bravo Lux da Rúa con The Cruze e DJ Repunante

 

O Bravo Lux prepárase para complementar o ambiente que xera a Festa do Codillo da Rúa e o vindeiro 27 de xaneiro terá en directo á banda de rock The Cruze e ao DJ Repunante.

Dende as 19 horas o establecemento hostaleiro rues terá as portas abertas para a chegada de xente do Codillo que ten ganas de seguir a festa. A esa hora pinchará DJ Repunante para abrir boca, un pouco despois será o concerto da banda coruñesa que versiona clásicos do rock n’ roll dende os 60 ata o 2000, e cando estes acaben continuará o DJ amenizando a noite.

A xerencia avanza tamén que esa noite faranse 2 sorteos de 150 euros nos que se poderá participar con boletos que se conseguirán con cada consumición.

 

The Cruze.

Artigos relacionados

Back to top button