CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Festa fin de vendima no pub Bravo Lux da Rúa

A celebración inclúe un concerto acústico homenaxe aos anos 80 e 90 a cargo de Carlos Bau
Carlos Bau á guitarra.
Carlos Bau á guitarra.

A vendima toca ao seu fin e para celebralo, o pub Bravo Lux organiza unha festa coa música en directo. Mañá, martes 11 de outubro a partires da unha da madrugada, Carlos Bau achegarase ata A Rúa para ofrecer un concerto en formato acústico en “homenaxe ao pop español dos anos 80 e 90”.

O repertorio deste espectáculo “oitenteiro” inclúe unha variada selección de temas de artistas da talla de Los Secretos, Nacha Pop, Luz Casal, Hombres G, Loquillo, Los Suaves, La Guardia, Radio Futura e mesmo Joaquín Sabina, que farán as delicias do público.

Ademais da música en directo, a festa inclúe o sorteo de varios lotes de viño entre os asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button