EconomíaEconomíaÚltima hora

Festa na Terraza Boavista de Lentellais (O Bolo) con música en directo e cea

Será hoxe a partir das 20 horas e contará coa actuación de Mad Martin Trio e dos DJ's Motto, Tariro e Karayan

Mad Martin Trío.

 

No mes de agosto todo o municipio do Bolo é unha gran festa, con celeracións patronais, feiras, xantares populares,…

Unha mostra témola esta mesma noite na Terraza Boavista, en Lentellais, que celebra a súa propia festa con música en directo e cea. A partir das 20 horas actuará Mad Martin Trio, banda compostelana de rock clásico liderada por Martín Esturao que conta cun repertorio dos ano 50, influenciado por estilos como rockabilly, swing, blues ou boogie woogie.

A entrada ao concerto será gratuíta e despois, en torno ás 22 horas, haberá cea (20 euros por persoa) cun menú servido por Mantesil a base de entremeses ibéricos, costela asada do patacas e ensalada (máis postre, bebida, pan, café e chupitos).

E xa a partir da unha da madrugada a festa continuará coa sesión musical a cargo de A Gramola Discomóbil cos DJ’s Motto, Tariro e Karayan.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button