Galerías de fotosÚltima hora

Festa do Xato en Fradelo

A tenreira xuntaba arredor da mesa aos veciños da localidade vianesa de Fradelo no mediodía do Sábado de Entroido. Nesta edición a festa, que nacía no ano 2000, cumpría a súa maioría de idade. Despois dun xantar que incluía empanada e carne asada no forno comunal, rendíaselle unha homenaxe a un dos veciños, Casimiro, “pola súa adicación e colaboración” para manter vivo o Entroido de Fradelo.

Ademais pola tarde, Fradelo recibía a visita dos folións de Os Labregos (Trives) e de Carracedo da Serra, que tras dar unha ronda polo pobo, eran agasallados cunha cea no Tele-Club.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button