ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Festas de San Antonio en Sobradelo

Unha longa procesión por todo o pobo centraba os actos o domingo 12 de xuño

Tres citas relixiosas se celebraban no mediodía do domingo 12 de xuño en Sobradelo: as festas de San Antonio centradas na zona vella da vila; o Corpus Christi con alfombras florais decorando as rúas; e a Primeira Comunión dunha cativa.

A misa comezaba ás doce e media na igrexa parroquial e, de seguido arrancaba a procesión coa imaxe de San Antonio e o Santísimo polas rúas da localidade valdeorresa, pasando pola praza onde máis tarde tiña lugar a sesión vermú. E xa pola tarde, a festa continúa co baile a cargo do grupo pontevedrés Acirema.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button