A VeigaConcellosÚltima hora

Festas patronais de Meda (A Veiga), o 25 e 26 de agosto con actividades para todos os públicos

No programa non faltará a tradicional "Noite do Carro" na medionoite do 25 de agosto, tras a cea popular

 

Meda (A Veiga) prepáranse un ano máis para celebrar as súas festas patronais na honra a Santa María. Nesta nova edición, o programa estará cheo de actividades para tódolos públicos e, segundo din dende a comisión, “haberá un amplo programa para o desfrute de todos, en especial dos cativos”.

As actividades comezarán o xoves día 24 co I Torneo de Tute. Por outra banda, os actos festivos iniciaranse o venres, 25 de agosto, entorno as 21:30h. coa Cea Popular que na pasada edición tivo unha gran aceptación pola venciñanza. “Estamos moi contentos co resultado da cea do ano pasado, na que asistiron máis de 100 persoas, e este ano querémolo facer mellor”, comentan os membros da comisión.

Seguidamente, a medianoite, terá lugar a tradicional Noite do Carro na que os cativos, mozos e veciños procederán a sacar o carro que percorrerá toda a aldea anunciando, co seu son característico, unha nova cita festiva. Ao remate do percorrido, haberá animación musical na zoa do campo da festa, estendéndose ata altas horas da madrugada.

 

 

O día grande das celebracións será o sábado, 26 de agosto, e comenzará co pasarrúas amenizado pola charanga Los Imparables. Entorno ás 13h. terá lugar a misa solemne na honra a santa, a procesión e a posterior sesión vermú amenizada tamén pola charanga.

Xa en horario de tarde, as 18h., empezará o Campeonato de Bolos, así coma a I Xincana para os máis cativos. As 21h., arrancará o baile de tarde da man do grupo Merengue, rematando coa entrega de premios e o sorteo da rifa. Dende a comisión adiantan que este ano terán inchables a prezos populares para os rapaces.

Para poñer punto e final aos festexos, a 01h. será o turno da verbena na que a xuventude poderá desfrutar da man da Discomóbil Danzalia “A Pimentoneta” ata que “O corpo aguante”.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button