CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Festival do 50 aniversario do CEIP Condesa de Fenosa do Barco

O alumnado subíase ao escenario esta tarde nunha concorrida celebración

 

Con actuacións, bailes e moita música está a celebrar por todo o alto o CEIP Condesa de Fenosa do Barco o seu medio de século de traxectoria no ensino público. Unha celebración, compartida con toda a comunidade educativa, que principiaba o pasado mércores coa inauguración dun mural conmemorativo destes 50 anos realizado polo alumnado coa dirección do artista Gerardo Rodríguez Raoms “Chere”. Ademais esta tarde seguía a festa cun concorrido festival do aniversario no pavillón polideportivo do centro no que o alumnado de diferentes idades se subía ao escenario.

 

 

No segundo trimestre do curso convocábase no centro un concurso de logotipos entre o alumnado e, co deseño ganador, realizouse un chaveiro conmemorativa que se prevé repartir durante a festa. “Esta ocasión é fantástica para xuntarnos familias, antigo alumnado, profesorado das diferentes etapas e poder lembrar momentos que todos temos presentes do noso paso pola escola”, destaca a súa directora, Carmela García Fernández.

 

 

Os actos continuarán mañá cun novo acto conmemorativo no centro e cun xantar. A intención é que “toda a comunidade educativa participe” na celebración e fai “un chamamento especial ao antigo alumnado para que se achegue a desfrutar con nós”.

Fotos e vídeos: CEIP Condesa de Fenosa do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button