OurenseÚltima hora

O filme “Personal Shopper” no Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijóo

Luns de Filmoteca no Cineclube Padre Feijóo co filme “Personal Shppper”, coa que o seu director, Oliver Assayas, acadou o galardón á mellor dirección no Festival de Cannes 2016 e rodada en 35 milímetros.

A protagonista da cinta é Maureen, interpretada por Kirsten Stewart, unha moza estadounidense en París, que se fai cargo do gardaroupa dunha celebridade. Aínda que non lle gusta o seu traballo, é o único que atopou para pagar a súa estancia mentres agarda unha manifestación do espírito de Lewis, o seu irmán xemelgo desaparecido hai pouco. Maureen comeza entón a recibir no seu móbil estrañas mensaxes anónimas.

A proxección deste filme será o luns, 22 de xaneiro, na Biblioteca Pública- Casa da Cultura de Ourense en dous pases: un ás 20:30 e outro ás 23:00 horas. A entrada terá un custo de 2 euros para os asociados e 2,50 para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button