EconomíaEconomíaÚltima hora

Fin de semana de tapas, en 14 establecementos, no marco das Xornadas Micolóxicas de Trives

 

Charla informativa, saída de campo, xantar gourmet, teatro, exposición de cogomelos e concurso. Son os ingredientes cos que o Club Montaña Trives organiza a a XXIIV edición das Xornadas Micolóxicas que se están a desenvolver nesta fin de semana na Pobra de Trives.

 

 

Unhas xornadas que comezaban o venres día 8 pola tarde co IX Concurso Tapa Micolóxica, onde cada un dos 14 establecementos participantes nesta edición poñerán á venda por 2 euros unha tapa para a súa degustación. Os establecementos dispoñen de papeletas e urnas para que o xurado popular elixa a mellor presentación e a máis suculenta. “As papeletas que consigan 9 selos dos locais entrarán nun sorteo o domingo día 10 (cesta gourmet, kit completo de micoloxía, ceas para 2 persoas nos establecementos participantes etc..)”, explican dende a organización.

 

 

Nesta edición participan Boliche, Manolos, Sky, Quintela, O Bodegón, A Cantina do Catro, La Pluma, As Maceiras, O Paiño, O Lar de Alicia, Estación de Montaña Manzaneda, San Martín, A Masía e Casanova que presentaban un gran ambiente tanto o venres coma hoxe.

 

 

Mañá, domingo día 10 ás 15 horas rematará o concurso, realizándose o reconto das papeletas para, ás 18 horas no patio interior da Casa Grande de Pobra de Trives, realizar a entrega de premios aos tres locais máis votados en cada categoría. Ao final realizarase o sorteo de premios ao xurado popular.

Fotos: O SIL e cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button