CulturaCulturaÚltima hora

Florencio Delgado Gurriarán xa ten o seu retrato na rúa barquense que leva o seu nome

 

Dende hai apenas un par de días xa pode verse descuberto o mural adicado a Florencio Delgado Gurriarán, “o poeta de Valdeorras”, realizado polo artista vilamartinés OrdeCaos na rúa do Barco que leva o nome deste autor, situada na zona das Casas Baratas.

O mural foi realizado no lateral dun edificio, que dá a un parque, e nel pode verse no lado dereito un retrato do poeta en branco e negro e, no outro, a man do autor sobre unha máquina de escribir co fondo dun libro seu co título “Galicia infinda”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button