EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Flores por San Valentín da man do CCA O Barco

Na praza do Concello de 10:30 a 13:30 horas deste venres 14 de febreiro

 

Hoxe, 14 de febreiro, é o Día de San Valentín. Unha dara para celebrar o amor en todas as súas formas, que dende o CCA O Barco festexan cos seus socios cun bonito detalle. Dende as 10:30 e ata as 13:30 horas, na praza do Concello do Barco hai instalada unha caseta onde regalan unha flor natural ao entregar un ticket de compra mínima de 5 euros, que introducirán nunha urna para realizar un sorteo de dúas ceas para dúas persoas.

 

 

“Con esta campaña queremos visibilizar a asociación e aos nosos asociados, ao mesmo tempo que dinamizamos o espazo comercial e de lecer celebrando cos nosos clientes a data máis romántica do calendario”, din dende o CCA, asegurando que San Valentín é un día especial “e por iso queremos que os nosos clientes sintan que cada detalle conta e que poden atopar o agasallo perfecto para esa persoa especial comprando nas tendas da nosa vila”.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button