ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

Folións e Boteiros toman Trives en pleno agosto

O desfile do "Entroido de Verán" percorría a vila durante esta tarde ante multitude de persoas

 

Numerosas persoas enchían as rúas da vila de Trives na tarde deste 13 de agosto para asistir ao desfile do “Entroido de Verán”, no que participaban ata 7 folións de diferentes puntos do oriente ourensán. Esta intensa e sonora comitiva iniciábase na Barreira rozando ás sete da tarde cando comezaba a tocar o Folión As Maceiras, tras el viñan os Arreiros (Petín), O Irrio (Castro Caldelas), Os Viticultores (Vilamartín), As Maceiras (Trives) e, pechando o desfile, Os Labregos (Trives).

 

 

O percorrido do desfile pasaba pola rúa san Martín, enfiando despois ata a praza do Pilón, seguindo pola zona vella da vila ata finalizar na praza do Reloxo. Este desfile, no que Protección Civil organizaba o tráfico, formaba parte do programa do “Entroido de Verán” organizado pola A.C. A Caniceira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button