A RúaConcellosÚltima hora

Fontei (A Rúa) pecha novembro celebrando o San Andrés

 

Hai un refrán popular que di “Novembro, bendito mes que comeza con Santos e termina con San Andrés”, que no concello da Rúa manteñen moi vivo.

 

 

Cada 30 de novembro, dende tempos inmemoriais, celebra Fontei esta festividade na igrexa parroquial, coincidindo esta data coa feira do ano que por segundo día neste mes (a feira mensual é o día 7) reúne aos comerciantes ambulantes ao longo das empedradas rúas da vila.

 

 

San Andrés, irmán de San Pedro e primeiro Apóstolo de Xesús, morreu martirizado en Acaya (Grecia), atado nunha cruz en forma de aspa. Na procesión o santo era levado a ombros polas rúas de Fontei celebrándose a misa no interior da igrexa.

 

San Andrés na igrexa de Fontei.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button