A RúaConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

Fontei (A Rúa) recupera a procesión das antorchas da Virxe de Fátima, presidida polo Bispo

 

Na noite do venres 5 de maio, tras ano sen facelo, a imaxe da Virxe de Fátima iluminada volvía percorrer A Rúa na procesión das antorchas que, dalgún xeito, marca o inicio dos cultos na súa honra que se desenvolven na parroquia de Fontei. E facíao no ano en que se se cumpre o 75 aniversario da chegada da imaxe á parroquia ruesa. Tal como explican dende a Confraría da Virxe, Parroquia do T. C. de Nosa Señora do Rosario de Fontei, que se encarga da programación, corría o ano 1948 cando “a bendita imaxe do Inmaculado Corazón da Virxe do Rosario de Fátima chegaba á nosa parroquia e asumía a súa patronazgo”.

 

 

A procesión, coa imaxe sobre un carro que estreaban este ano, iluminada e rodeada polas tradicionais calas que máis tarde eran repartidas entre os fegreses, saía en torno ás 22:30 horas mantendo o percorrido de sempre, saíndo da igrexa e baixando por Telesforo Ojea para continuar polas rúas Progreso, Circunvalación, Doutor Vila e Padre Feijóo, ata rematar de novo no templo.

 

 

Seguida por numerosos fegreses, a comitiva contou nesta ocasión coa asistencia do párroco de Fontei, Lisardo Paradelo; do ex párroco de Santa Estevo, Severino Pérez; do Canónigo da Catedral de Ourense, Miguel Ángel González García; e do Bispo de Astorga, Jesús Fernández González, que se atopa na zona de visita pastoral a diferentes parroquias, entre outros sacerdotes.

 

 

Hoxe continúan os actos coa celebración do rosario, novena e misa ás 19:45h. e mañá celebrarase a misa das Primeiras Comunións ás 11:30 horas, sendo o sábado 13 de maio o día grande da Virxe de Fátima.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button