As voces de representantes femininas de diferentes sectores da comarca de Valdeorras escoitábanse na tarde do 8 de marzo no Barco. Participaban e debatían nun foro promovido dende o Concello do Barco con motivo dos actos conmemorativos do Día da Muller, o 8 de marzo. Neste encontro participaban nove mulleres: Ana de la Puente (empresaria), Mercedes González (sindicalista), Sofía Carril (traballadora da lousa), María González (alcaldesa da Rúa), Natacha Longo (traballadora na educación), Milagro Sampayo (dunha asociación de mulleres), María Elvira Fernández (autónoma), María Elisa Lamelas (sanidade) e Maribel Conde (desempregada).
O foro presentábao a xornalista Diana Ramos que tras dar paso ao concelleiro de Servizos Sociais, Orlando Saavedra, presentaba a primeira das intervintes, a sindicalista Mercedes González. O debate pechábao a alcaldesa da Rúa, María González.
Fotos: Ángeles Rodríguez