A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) convocará o sábado 31 de maio aos seus asociados con motivo da súa asemblea anual. Na orde do día incluíranse, entre outros puntos, os proxectos para este exercicio e tamén se someterán a votación as contas e o presuposto desta entidade valdeorresa.
Nesta ocasión para a clausura desta xuntanza contarase co empresario valdeorrés Francisco Barredo, responsable da firma Lambone e tamén presidente da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia (Proagrosilga).
Ademais, mantendo a liña de anteriores anos, dende AEVA tamén se fará unha homenaxe aos asociados que cumpren vinte anos dentro desta entidade.
Texto: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil