CulturaCulturaÚltima hora

Francisco X. Pérez presenta en Verín o seu libro “Onde o mundo se chama Servoi”

 

A obra “Onde o mundo se chama Servoi”, escrita por Francisco Xavier Pérez Álvarez, filólogo e escritor nacido en Servoi no ano 1969, presentarase o vindeiro 13 de decembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.

O libro mergulla ao lector nunha serie de relatos curtos que teñen como escenario Servoi. A narrativa, ás veces intimista, está salpicada de personaxes reais e magnánimos, que gradualmente van tecendo unha trama novelística. Pérez Álvarez rende homenaxe aos poboadores dun tempo e lugar que, irremediablemente, esmorece no pasado.

Francisco Xavier Pérez Álvarez é licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, realizando os cursos de doutoramento no Instituto da Lingua Galega e varios traballos na investigación lingüística, contribuíndo ao IV volume do Atlas Lingüístico de Galicia; Léxico. Ademais, realizou labores de dialectoloxía galega no concello de Vilardevós e colaborou en diversas revistas de pensamento crítico como A Trabe de Ouro ou Cadernos da Lingua. En 2020, Pérez Álvarez inicia a súa andaina na produción literaria con “Lembranzas dun vagalume de outono”. Agora, presenta a súa nova obra “Onde o mundo se chama Servoi”.

A presentación contará coa presenza do autor e os asistentes terán a oportunidade de afondar na obra e intercambiar ideas co escritor durante o evento.

Artigos relacionados

Back to top button