OurenseÚltima hora

Frenética actividade dos Ecovixiantes de Franciscanas na Semana das Ciencias

Os profesores Gonzalo Sánchez de Ourense e Aurora Otero de Verín levaron o modelo Ecovixiantes a un colexio da Coruña

 

Moi activa foi actividade dos Ecovixiantes de Franciscanas nesta semada adicada ás Ciencias no Colexio Divina Pastora de Ourense.

Coma sempre empezaron cunha clasificación de tapóns e pilas onde o profesor Gonzalo Sánchez realizou unha tipoloxía de plástico e a súa dureza, así como dos compoñentes das pilas, materiais pesados fundamentalmente, e o seu enorme poder de contaminación. Os tapóns serán entregados en Albarellos de Monterrey.

 

 

Centrados xa na actividade específica da semana de ciencias, o profesor Álvaro Leis encargouse de explicar as bondades das abellas, e as súas excelentes achegas á nosa vida: propóleos, xeleas, mel e mil curiosidades sobre o medioambiente. Na saída de campo, Cristina realizou cos Ecovixiantes unha sentida homenaxe á poboación canaria da Palma, encargándose de nutrir da froita estrela, o plátano, ao alumnado, dentro dos hábitos saudables.

Pola súa parte Gonzalo dirixiu unha ecoauditoria de marcas na Pista Vermella: botellas, plásticos, envases, cabichas… co obxectivo de “localizar quen contamina, aínda que en realidade é o/a cidadán/a que os deixa alí, ademais habendo tantas papeleiras”.

 

 

Ademais depositaron cantidade de envases lixeiros no contedor amarelo e acabamos con partidos de fútbol, baloncesto e brilé. Os chalecos amarelos do Programa Stars España identifican a este animoso grupo que agradece a Ecourense o material de limpeza que reciben.

O modelo Ecovixiantes

De forma paralela ás actividades da Semana das Ciencias, os profesores Gonzalo Sánchez e Aurora Otero Jiménez levaron o modelo Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense e o Stars Nature Watchers do Colexio María Inmaculada de Verín ao CEIP de Toques, A Coruña, centro educativo que quere iniciarse na reciclaxe e na concienciación sobre o cambio climático, cunha charla moi amena sobre Economía Circular e as “3 R”.

 

 

Os profesores foron convidados polo CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación, de Santiago de CompostelaO día 25 volverán con Hábitos saudables e Horto Escolar e compostaxe.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button