ConcellosEn portadaEntroido 2024Galerías de fotosManzanedaÚltima horaVídeos

Ronda, Mázcaras, versos e disputas, na fuliada da Mourela p’acá en Trabazos (Manzaneda)

 

Con especial ilusión e emoción agardaba esta data a veciñanza de Trabazos (Manzaneda). Esta aldea acollía a partir das 11:30h deste sábado a Fuliada da Mourela p’acá, que organizan os pobos desta zona e que cada Entroido vai rotando. Había xa moitos anos que esta localidade non celebraba esta tradición, que principia coa solicitude en verso do permiso do fulión visitante.

Bos días,/ veciños e acompañantes/ énchenos de orgullo/ que nos esperedes tan expectantes“, comezaba dicindo unha das Mázcaras, “estamos a punto de cumprir/ o que un día prometemos/ xuntar a toda esta xente/ e levar a fuliada a todos os pueblos“.

 

A resposta de Trabazos, tamén a través das das súas Mázcaras non se facía agardar. A partir de aí iniciábase unha ronda, interrompida en tres ocasións para repoñer forzas coas viandas e bebidas sacadas polos veciños, e que remataba nas proximidades da carpa onde realizaba a fuliada.

 

 

 

Desta volta, a comitiva ía encabezada pola Comparsa feminina, despois as Mázcaras, coas súas danzas e o fulión, ao mediodía dábase paso ás disputas e versos da fuliada, unha representación satírica en verso, con diferentes personaxes segundo os temas e que fai un repaso ao acontecido no último ano.

 

Despois da representación, a veciñanza compartía un xantar e, pola tarde, corría a fariña por Trabazos.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button