Tres son as datas centrais do Entroido en Sande (Cartelle), que ten nas Bonitas o seu símbolo tradicional e festivo. A primeira o sábado 1 de marzo, cun xantar popular nas Adegas de Mogos e a busca do oso. A segunda as protagonistas son as Bonitas que reciben aos fegreses á saída a misa na igrexa parroquial, o domingo 2 de marzo.
E xa o martes, 4 de marzo, as Bonitas, as Avutardas, o Oso, a Vaca percorren Sande con animación musical. Ese día tamén hai xantar e os tradicionais “números”.
Fotos: Carlos G. Hervella.