DeportesÚltima hora

Fútbol e callos, esta fin de semana no Barco de Valdeorras

O C.D. Barco organiza a I Festa dos callos na praza da festa
Cartel da festa.

Este domingo, 2 de abril ás 17:30h. o equipo sénior do C.D. Barco enfrontarase en Calabagueiros ao Silva, tres postos por arriba na clasificación en terceira división. Un encontro no que os de Javi Rey deberán entregarse a fondo para sumar os tres puntos en xogo que tanto necesitan para seguir afastándose da zona baixa.

A directiva pola súa banda, ten preparada para toda a fin de semana (sábado 1 e domingo 2) a I Festa dos Callos, no campo da festa (no Malecón), nun espazo cuberto con carpa que contará con mercado artesanal, hinchables para nenos e música en directo ademais de comida: callos a 5 euros, churrasco a 7 euros, pulpo a 8 euros e empanada a 3 euros; e tamén bebida: viño (1,50€), botella (5€), refresco (2€) e augas (1€).

O horario será de 10 a 24h. e o sábado a partires das 20h. gran churrascada.

Artigos relacionados

Back to top button