
Un ano máis e xa van tres, O Bañadoiro acolléra o Campus de Fútbol, Ocio e Deporte Vilamartín, especialmente pensado para nenos de entre 5 e 17 anos, que se celebrará do 11 ao 16 de xullo.
A base do campus será o fútbol con adestramento personalizado para mellorar a técnica individual, pero ao longo da semana, en horario de 9:45 a 13:15 e de 16:45 a 18:45 horas, tamén haberá tempo para unha manchea de actividades. Bádminton, ping pong, pádel, tenis, baloncesto, xogos populares, sesións de piscina, escape room, rutas en kayak,… forman parte do programa, incluíndo como novidades un túnel do terror e carreiras de obstáculos.
Os asistentes ao campamento serán distribuídos por grupos de idade e nivel: iniciación (biberón) benxamín-alevín grupo infantil-cadete 1, xuvenil-cadete; podendo elixir entre dúas opcións: interno (xantar e mediodía + velada nocturna; ou externo (só campus, sen mediodía nin velada nocturna.