EconomíaEconomíaViticultura

Gabriel Alén visita a sinalización turística da Ruta do Viño de Valdeorras

 

Durante a viaxe que o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, realizaba este venres 17 de setembro a Valdeorras visitaba a sinalización instalada na Ruta do Viño de Valdeorras. Unha actuación, que segundo dixo, supuxo un investimento duns 72.000 euros. Esta sinalización “engloba á provincia de Ourense, unha provincia rural, vitivinícola por excelencia, cun orzamento de 322.000 euros para sinalización de rutas do viño”.

Gabriel Alén sinalou que os traballos inclúen a unificación dos tipos de paneis direccionais urbanos e carteis direccionais frecha coa adopción dun único modelo, eliminando os que non se adapten a normativa. Ademais, simplificarase a sinalización en interseccións cun único panel de elemento de alto interese no canto de varios concentrados e reforzaranse tanto as indicacións de lugares emblemáticos nos que se pretende dar a coñecer as Rutas do Viño como nos cruces ou puntos que induzan a erro.

Alén, que na visita estaba acompañado polo alcalde de Vilamartín e polo presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando; entre outras persoas, indicaba que o enoturismo constitúe “unha aposta importante por desestacionalizar o turismo, un turismo como de Galicia que está de moda, un turismo seguro, a pesar das circuntancias Covid. O modelo turístico galego é o que mellor se está a enfrontar a esta pandemia e poñendo todas as medidas necesarias para saír relanzados, con forza e como destino turístico para toda España”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button