DeportesÚltima hora

Gabriel e Vicente (Club de Petanca Valdeorras), gañan o torneo navideño de fin de tempada, no Barco

 

Na xornada do sábado 14 de decembro, un total de 12 dupletas, con xente do club da Rúa e do Barco, participan no torneo navideño organizado polo Club de Petanca Valdeorras para despedir a tempada.

Celebrábase no Campo de Petanca do Chao, no Barco resultando gañadores Gabriel e Vicente Álvarez do Club de Petaca Valdeorras; o segundo premio era para Manuel e Manolo; e o terceiro para Francisco e Darío, ambas as dúas dupletas do Club de Petanca A Rúa. O premio de consolación levábano Pepe e Vicente Martínez (Petanca Valdeorras). O resto de participantes levaban un detalle.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button