ConcellosÚltima hora

Galicia podería adaptar a franxa horaria de restrición de mobilidade nocturna

A decisión tomarase na vindeira xuntanza do comité clínico de expertos que seguen a crise do Covid que podería ter lugar nas próximas horas

O presidente da Xunta de Galicia, durante a súa comparecencia este luns.

 

Tras a publicación onte no Boletín Oficial do Estado do “Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2” está vixente en Galicia a restrición da mobilidade nocturna entre as 23h. e as 6h., sen embargo, esta franxa horaria podería modificarse en función do que decida o comité clínico de expertos sanitarios da comunidade galega.

Así o sinalaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, este mediodía en rolda de prensa. “Adaptaremos esa franxa horaria dependendo do que nos diga a Comisión Clínica. Ímola reunir de forma inmediata, nas próximas horas, son máis de 30 persoas. En principio estaban convocadas para o martes, pero se é posible poderiamos facela hoxe”, dicía.

 

Artigos relacionados

Back to top button