En portadaÚltima hora

Galicia retomará a vacinación con AstraZeneca o mércores e ampliará o grupo de idade ata os 65 anos

O Sergas irá incorporando a este proceso aos menores de 65 anos, ao ritmo que marque a chegada de viais

 

A vacinación contra o Covid-19 coas doses de AstraZeneca reanudarase a partir do vindeiro mércores en Galicia. En concreto, contémplase retomala onde se parou, cos grupos 3B (Persoal implicado na xestión e resposta da pandemia), 3C (resto de persoal sanitario e sociosanitario non vacinado con anterioridade e 6 (Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica, Local, Bombeiros, etc). O Sergas irá incorporando a este proceso aos menores de 65 anos, ao ritmo que marque a chegada de viais, tal e como vén de anunciar a Consellería de Sanidade.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaba na tarde deste luns, por videoconferencia, nunha nova xuntanza do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, na que se acordou retomar a vacinación coa vacina de AstraZeneca, ampliando o grupo de idade ata os menores de 65 anos.

O número de vacinas de AstraZeneca que chegaron a Galicia esta semana foi o 57% do previsto, en total chegaron algo máis de 12.000 vacinas. O departamento sanitario galego comezará mañá a realizar as citacións para retomar a vacinación con AstraZeneca este mércores.

Ata actualidade, a Xunta de Galicia leva administradas un total de 385.613 doses, Un total de 119.941 persoas teñen a pauta completa.

Artigos relacionados

Back to top button