ConcellosOpiniónÚltima hora

Gañaron as razóns de todas e todos NÓS!! Venceu TREVINCA

Carta ao director enviada polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca

Imaxe da Lagoa da Serpe, no teito galego, Trevinca (A Veiga)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o pasado sábado día 15 de abril deste 2023, as Montañas de Trevinca e a grande maioría de persoas tanto dentro como fóra de Galicia, respiramos aliviados, contentos e agradecidos, ao atoparnos con que o MITECO (Ministerio para la Transición Ecológica) formulou a declaración de impacto ambiental desfavorable para o “Parque Eólico Prada” e súa infraestrutura de evacuación.

Con esta declaración favorable para a Natureza de Montaña, neste caso para as Montañas de Trevinca, se pon fin a unha antiga e continuada loita entre razóns económico/enerxéticas (nunca climáticas nin medioambientais) e os lexítimos dereitos a un desenrolo rural sostible, e a unha lóxica defensa do noso Patrimonio Natural de Montaña.

Moi atrás quedaron as batallas sempre gañadas a diferentes empresas nos anos 2001, 2005 e 2008. Con esta última, finalizada neste ano 2023, e tamén gañada grazas ás demostradas razóns e á colaboración do pobo en xeral, dende o mundo rural ao urbano, se pon fin a unha contenda que durou 23 anos.

O Trisquel dende o ano 2001, e actualmente o Club de Montañismo Montañas de Trevinca, queremos agradecer todas as axudas e colaboracións que dende sempre nos acompañaron na defensa do Patrimonio Natural das Montañas de Trevinca. Damos as grazas pola súa inestimable axuda e cooperación, ás miles de persoas anónimas, ás asociacións ecoloxistas e entidades culturais, aos clubs de montañismo, aos académicos e científicos, aos políticos e técnicos das diferentes administracións que co seu interese elabor profesional, colaboraron na protección e defensa das nosas Montañas de Trevinca e a posterior declaración de impacto ambiental desfavorable para o proxecto “Parque Eólico Prada”.

Ademais, non debemos de esquecernos dos medios de comunicación que colaboraron con nós, e tanto axudaron ca difusión das nosas mensaxes .Tamén queremos agradecer ás diferentes administracións, tanto locais como provincias e autonómicas a súa fundamental axuda. Sen o seu interese, e lóxico recoñecemento do valormedioambiental do noso Patrimonio Natural das Montañas de Trevinca, difícil ou imposible sería poñer fin a esta larga contenda en favor da nosa e de todos, Natureza de Montaña. Soamente nos queda preguntar: ¿Para cando o Parque Natural das Montañas de Trevinca? Desexamos e queremos crer, que moi pronto!!

Artigos relacionados

Back to top button