Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco, 2º por equipos na segunda proba de senderismo da FGM en Marín

 

Na xornada do domingo 10 de marzo o Club Peña Trevinca Barco participaba na 2ª proba de sendeirismos da Federación Galega de Montañismo celebrada en Marín. “Un percorrido espectacular de case 27 km, os primeiros por praias de Marín e despois monte”, explican dende o club, destacando a sorte que tiveron xa que apenas lles choveu “ao contrario que na primeira de Noia”.

 

 

En total eran os 11 trevincos, esta vez só 3 mulleres, que participaban na proba de regularidade conseguindo medallas en veteranos D (Moisés), veteranos C (Miguel) e veteranos C (Marisol, a 1ª). “Ademais e grazas ás nosas gacelas Lucio, Liliana, Aurelio e Juan Manuel, conseguimos o 2º posto por equipos”, din dende o club destacando o sentido solidario da andaina contra  o cancro.

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button