ConcellosÚltima hora

A Garda Civil do Barco e da Rúa festexa a Virxe do Pilar

Con diversos actos honraba a Garda Civil do Barco e da Rúa á súa patroa, a Virxe do Pilar, o 12 de outubro. Ao mediodía oficiábase na igrexa de Santa Rita no Barco unha misa, na que actuaba o coro de San Mauro. Pouco despois, na Rúa tiña lugar outra cerimonia relixiosa na igrexa de Fontei, na que cantaba o coro de Fontei.

Por outra banda, no acto institucional celebrado no Acuartelamento da Garda Civil da Coruña, participaba o xeneral xefe da Garda Civil de Galicia, Ángel Alonso Miranda, de orixe barquense.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás a última imaxe.

Artigos relacionados

Back to top button