En portadaÚltima hora

A Garda Civil detén a 7 persoas na Operación TOOLS

Desmantelada a organización criminal adicada a roubos en varias zonas de A Baixa Limia, Limia e Celanova
Material incautado pola Garda Civil na Operación TOOLS.
Material incautado pola Garda Civil na Operación TOOLS.

No transcurso da denominada Operación TOOLS, levaba a cabo en varias zonas de A Baixa Limia, Limia e Celanova, a Garda Civil desmantelaba o 3 de agosto unha organización criminal adicada a roubos con fuerza nas cousas.

Na operación iniciada no mes de maio detivéronse a sete persoas “seis cidadáns rumanos (A.V, de 36 años de idade; C.G, de 34 anos de idade; I.E, de 42 anos de idade; T.E, de 22 nos de idade; T.M, de 39 anos de idade; e R.C, de 26 años de idade) e un cidadán marroquí (C.C, de 20 anos), cinco deles residentes en Bande e os outros dous en Ourense”, segundo os datos facilitados pola OPC Comandancia da Garda Civil de Ourense.

Aos detenidos impútanselle 49 roubos con forza nas cousas, cometidos dende o pasado 15 de xaneiro nas localidades de Muíños, Xinzo, Lobeira, Celanova, Calvos de Randín, Pousa e en localidades do norte de Portugal.

A Garda Civil practicou un rexistro domiciliario, donde se incautou de diverso material.

Artigos relacionados

Back to top button