
O sábado 15 de febreiro terá lugar no Centro Cultural Avenida da Rúa un acto benéfico. Tratáse da actuación de Gargallada Teatro, que porá en escena ás 19 horas a súa obra Crónica dun pobo en beneficio das Voluntarias da Caridade.
As entradas están á venda en Mercería Geles, Perruquería Isama, en Cris Manicura e a través de Voluntarias da Caridade. Tamén estarán dispoñibles na taquilla do Centro Cultural Avenida.
Esta peza, unha adaptación de dúas obras de Miguel Gila dirixida por Manuel Caramés, é unha “farsa histórica” que achega unha “visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios desde a perspectiva das xentes do común, que son realmente as que padecen as súas desastrosas consecuencias. E todo isto pasado pola peneira do humor mordaz”, en palabras da compañía.




