Dende as once da mañá e ata as nove da noite deste sábado 30 de marzo, estará aberta baixo a carpa instalada diante do pavillón municipal do Bolo, a Feira de Produtos Tradicionais da Vitela, unha das novidades desta XIV edición da cita gastronómica que reunía a unhas 700 persoas.
En total son 14 os postos nos que se pode mercar un pouco de todo. Dende viño, mel, licores ou embutidos, ata pan, doces e alún artigo de decoración (de madeiras, cera, lá,…).
Baixo a carpa tamén hai bar e o DJ Tariro que porá ritmo á tarde.
Fotos: Mónica G. Bellver