EconomíaEconomíaÚltima hora

Gema Fernández (A Rúa) e Juan M. Otero (O Barco), os premiados do concurso de fotografía de ‘Gastromímate’

Gema Fernández Vizcaya e Manuel Juan Otero Pérez. /Foto: AEVA.

 

Á parte da degustación nos establecementos comerciais e hostaleiros participantes na campaña e da cata maridanza celebrada no Barco, a III edición de Gastromímate organizada por AEVA, incluía un concurso de fotografía en Facebook e Instagram para compartir imaxes das degustacións nas tendas e estampas do outono en Valdeorras incluindo algún elemento da gastronomía comarcal: viño, produtos elaborados, naturais, etc.

Entre os participantes sorteáronse dúas cestas de produtos da comarca, unha da Tenda da Rita e outra da Tenda de Viños Cecilia Fernández, ambos negocios asociados de AEVA que foron para Gema Fernández Vizcaya de A Rúa e Manuel Juan Otero Pérez do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button